Os protagonistas van ser seis galegos que nunca na súa vida viron o programa. “Land Rober Tunai Show” é un auténtico fenómeno televisivo e un dos programas máis visto en toda Galicia. Unha vez remata a temporada, a TVG decidiu facer este xoves un experimento sociolóxico, baixo o título de “Nunca Vin o Land Rober”.          A canle autonómica buscou ata debaixo das pedras seis galegos que nunca viran o programa. Non foi doado, pero, unha vez localizados, achegáronse ás instalacións da Televisión de Galicia dispostos a ver por primeira vez nas súas vidas o programa do que todo o mundo fala.          Os seis galegos que nunca viron o “Land Rober” son Josefina, unha coruñesa de 65 anos, e a súa filla Alexia, que din non seguir o programa por ter outras preferencias televisivas noutras canles; un rapaz de 32 anos de Ourense que non ten antena e non sintoniza a Galega; Sandra e Cristina, dúas irmás de trinta e pico anos, ás cales non lles cadrou nunca ver o programa, e Begoña, de 50 anos e d