“Land Rober Tunai Show” recibe a visita de dúas lendas do fútbol español: os irmáns Julio e Patxi Salinas. Os ex xogadores de Deportivo e Celta, respectivamente, achegaranse ao estudio do programa para falar sobre o derbi deste sábado e para pintar a mona coma nunca. O espazo da TVG contará tamén coa presenza da actriz, presentadora e modelo Diana Nogueira, cunha intervención moi especial.