O programa “Land Rober Tunai Show” recibe este mércores a visita de dous “lobos” da interpretación galega: Xabier Deive e Luís Iglesia. A presentadora Lucía Rodríguez tamén se achegará a pintar a mona ao programa, que contará ademais coa actuación dunha das revelacións musicais do ano: o novo grupo pontevedrés Furious Monkey House, que, cunha media de 12 anos, arrasan alá por onde van.