O programa recibe a actriz e modelo Vanesa Romero, unha das caras máis coñecidas da televisión estatal, que tamén se animará a pintar a mona no programa. Ademais, “Land Rober Tunai Show” contará coa participación de dous persoeiros do mundo do rally: os irmáns Vallejo, que enredarán e farán das súas xunto cos habituais Xosé A. Touriñán, Eva Iglesias e Roberto Vilar. Xuntos, darán vida a novos xogos e historias entre as que figuran unha nova aventura dos “Gorrillas”, un velorio fóra de control e unha nova edición da oficina de “Foople”.