No programa deste mércores, Land Rober Tunai Show recibirá a visita de Susana Seivane, unha das artistas galegas máis internacionais, a quen agardan grandes sorpresas ao longo da noite. Ademais, o espazo da TVG contará coa presenza do actor Federico Pérez, que, ademais de participar en sketchs, ensinará a súa cara máis persoal e descoñecida. Como é habitual, o “Land Rober” ofrecerá unha noite chea de risas e enredos co público e cos espectadores, coa participación dos habituais Xosé A. Touriñán, Eva Iglesias  e o propio Roberto Vilar, que se verán envoltos en esmendrellantes historias que irán desde unha estancia nun resort, un encontro coa mafia e ata unha simulación do sorteo de Nadal con João Simões.