“Land Rober Tunai Show” recibe esta noite a cantante Soraya Arnelas, que, tras darse a coñecer nun popular concurso musical e participar como representante de España no Festival de Eurovisión en 2009, chega ao programa para poñer bailar ao presentador Roberto Vilar e os seus colaboradores. Por outra banda, haberá outro convidado que participará nos sketchs, o actor e cómico Santi Rodríguez, que interpretou o inesquecible “froiteiro” dunha das series máis recoñecidas da pequena pantalla, “7 vidas”. Xunto cos dous artistas, estará no espazo Lito, o representante da famosa orquestra Panorama, que poñerá a súa intuición a proba na sección “Quen vés sendo?”.