O dúo de ‘gorrillas’ máis coñecido do momento regresa ao “Land Rober Tunai Show”. José Luís e José María teñenn que loitar nesta ocasión contra un novo inimigo: o “Rato Cabrón”, interpretado polo actor galego Alfonso Agra, coñecido polos seus papeis nas series da Televisión de Galicia, “Serramoura” e “Matalobos”.  Ademais, a actriz hispano-arxentina Natalia Verbeke participa nesta e outras historias do programa.E por suposto, o programa conta tamén co famoso “ovo con vinagre” do “Quen vés sendo?”. Nesta ocasión, Alfonso Agra ten que descubrir cal é a sorprendente historia da señora.