Os “Gorrillas” terán que mediar con Roi, Miriam e Cepeda, nunha noite onde non van faltar a música das orquestras. José Luis e José María van coñecer os ídolos do momento nas festas da parroquia. Serán capaces de entenderse todos? Amais, os tres galegos enfrontaranse aos retos máis divertidos e deberán adiviñar as palabriñas máis rebuscadas do “Que me estás contando?”.