Visita o programa o actor galego Miguel de Lira. Co gallo da estrea do filme “A Esmorga” na TVG, achegarase para pintar a mona de principio a fin. Ademais, o programa conta coa participación do actor Roberto Gómez que, xunto cos habituais Xosé A. Touriñán, Eva Iglesias e Roberto Vilar dá vida a novos xogos e historias, entre as que temos unha nova edición de “A Taberna”, outra lea de Jose e Mari e o retorno por todo o alto do wéstern.