O programa recibe a visita do locutor e xornalista da Radio Galega Kiko Novoa, co que Roberto Vilar falará de “Galicia Por Diante” e da súa inminente visita a Lalín, ademais de someterse a algunhas probas en que terá que tirar de improvisación e retranca.  Ademais, o espazo da TVG contará coa presenza e a actuación de Mayor Tom, un músico que está a revolucionar a escena co seu novo disco “Unfollow” e que emocionou a todo o mundo coa historia da súa filla, quen, tras nacer con problemas auditivos, xa pode facer vida normal. Coma sempre, “Land Rober Tunai Show” contará coa participación de Xosé A. Touriñán, Eva Iglesias e o propio Roberto Vilar, aos que se lles sumará a actriz Mayka Braña, que se transformarán para amosarlles ao público do estudio e aos espectadores as novas aventuras dos “gorrillas”, unha situación familiar cando menos se agarda e o retorno dos mariñeiros.