“Land Rober Tunai Show” recibe esta noite a actriz Marta Hazas, coñecida polos seus papeis en series como “El Internado” ou “Velvet”. A última vez que estivo no programa foi acompañada do seu marido, o actor Javier Veiga, e esta vez terá que concursar no “Que me estás contando?” e enfrontarse a Roberto Vilar e ao resto da tropa ela soa. Por outra banda, os espectadores tamén poderán gozar da visita do humorista galego David Perdomo, que se volverá meter na pel dalgún dos seus personaxes máis recoñecidos, tal vez sexa o “koruño” ou o “cantante” Carlos Roma. Haberá que esperar a esta noite para descubrilo. No programa tamén estarán os “xubilados”, a adiviña Esperanza Gracia, ou alguén que se lle parece, que responderá as dúbidas dun cliente moi especial, e haberá unha sesión de Radio Rober. Todo isto cos colaboradores habituais Eva Iglesias e Xosé Antonio Touriñánm