María Castro, moi lembrada pola serie “Pratos Combinados” e actualmente triunfando na ficción nacional visita Land Rober. A actriz viguesa terá que poñer a proba a súa intuición e amosar a súa cara máis divertida xogando ao “Que me estás contando?”.  O show de Roberto Vilar tamén recibirá a David Perdomo, que vai volver verse as caras cos xubilados favoritos do programa logo do seu lembrado e trepidante encontro no McDowells.