O humorista e ilusionista Luís Piedrahita chega esta noite o “Land Rober Tunai Show” para celebrar que foi recentemente galardoado co Performing Fellowship, considerado o premio Nobel da maxia. Tamén vén pintar a mona ao programa a actriz Sabela Arán, que interpreta a Gloria Moscoso na serie “Serramoura” e que xa participou noutras como “Matalobos” ou “Códice”. Por outra banda, a cantante e presentadora de “Luar”, Tania Veiras, terá que afinar  a súa intuición participando na sección “Quen ves sendo?”.