Lucía Regueiro e Miguel Ángel Blanco, protagonistas da serie da Televisión de Galicia “Serramoura” son os convidados desta semana no “Land Rober Tunai Show”. O programa presentado por Roberto Vilar ten no estudio os actores que dan vida aos sarxentos da Garda Civil Neira e Bazán do cuartel de Serramoura.  Tamén conta coa presenza do bigote con máis sona de Portugal. O luso João Simões volve á casa polo Nadal e trae con el a lotaría debaixo do brazo. Na compaña de Xosé A. Touriñán e Eva Iglesias, o equipo do “Land Rober Tunai Show” realiza sketchs cómicos e impredicibles e ten outra entrega do espazo de citas “Paso de ti”.