A sorpresa e o espectáculo están asegurados nun programa que contará co gran José Corbacho. Que pasa cando se xuntan nun mesmo estudo de gravación dúas boas pezas coma Roberto Vilar, presentador do programa de humor Televisión de Galicia, e este coñecido e orixinal showman catalán? Corbacho xogará ao “Quen vés sendo…” e ao pimpón. Ademais, falará dalgún dos seus segredos máis inconfesables. O “Land Rober Tunai Show” contará tamén coa visita do actor Fernando Tato e a esperada volta dos gorrillas e Radio Rober.