Dioni Martín, de Camela, vén pintar a mona ao programa e  vailles dar unha sorpresa aos seus maiores fans: os “Gorrillas”. Outro convidado de luxo, o mítico Manuel Manquiña, porá o seu enxeño ao servizo do célebre concurso “Quen vés sendo”. E, unha noite máis, volve “Radio Rober” cos dous locutores máis impresentables das ondas.