Visita Land rober tunai show a raíña do glamour, Carmen Lomana, que, despois de pasar polo programa o pasado ano, vén comprobar o que lle temos preparado nesta ocasión.  Ademais, o programa conta coa participación do actor Tacho González, que enreda e participa nos sketchs xunto cos habituais Xosé A. Touriñán, Eva Iglesias e Roberto Vilar. Xuntos dan vida a novos xogos e historias, entre as que están unha nova entrega dos Gorrillas, outra historia da parella Jose e Mari e unha nova aventura na taberna.