Este xoves, o “Land Rober Tunai Show” recibe a Carmen Lomana. A empresaria e colaboradora de televisión xa visitou o programa en dúas ocasións, en que tivo que plantar patacas, apañalas e conducir un tractor. Neste novo programa terá que enfrontarse de novo a Roberto Vilar e aos seus colaboradores.Lucia Pérez, a última galega que representou España en Eurovisión, tamén visitará o programa. A cantante fará de instrutora nun dos sketchs do programa e porá a proba a súa pericia no “Quen vés sendo?”, onde intentará non perde para evitar un posible castigo. Ademais, no “Land Rober Tunai Show” estarán moi atentos ás últimas novidades da voda da colaboradora Eva Iglesias.