Volven os Gorrillas con algunhas novidades. Seguirá viva a amizade entre José Luis e José María? Pasará algo inesperado neste regreso? Será o último programa dos personaxes máis "legais"? Por se isto fose pouco, volve tamén o xogo máis aclamado, divertido, efusivo e eufórico do programa. Os espectadores rirán a esgalla esta noite no 'Que me estás contando?', coas palabras máis rebuscadas. Esta semana estará no estudio de gravación unha das bandas con máis renome do panorama galego: Heredeiros da Crus, que contará os detalles da 'Cuadrilla de Pepa a Loba', o libro que narra os primeiros 25 anos da súa traxectoria. Tamén visitan o programa dúas das caras máis coñecidas das tardes da Televisión de Galicia. Hoxe veñen pintar a mona Rodrigo Vázquez e Bernardo Montaña.