O programa “Land Rober Tunai Show” recibe a visita dos actores Antonio Duran “Morris” e Mariana Carballal, caras sobradamente coñecidas pola súa aparición en series e programas da Televisión de Galicia. Coa súa participación, armaranse sketchs tan dispares e disparatados como unha entrevista a un vikingo, un xuízo a Son Goku ou un “aterra como poidas” ao estilo “Tunai Show”.