Por primeira vez nun estudio de televisión, xúntanse as dúas parellas humorísticas máis recoñecidas e queridas en Galicia: Os Tonechos e As Cantareiras de Ardebullo.  Será unha noite en que o público e os espectadores descubrirán algún que outro segredo a través dos xogos máis divertidos e, ademais, o show da TVG contará coa visita do actor Xosé Barato, que participará no “Quen vés sendo?”.