O actor e presentador Antonio Garrido vén pasalo ben e a gozar do humor do Land Róber Tunai Show. Tamén acode ao programa a actriz Carmen Méndez, Rita na serie “Pazo de Familia” da Galega, que xunto cos habituais Xosé A. Touriñán, Eva Iglesias e o presentador do programa, Roberto Vilar, dan vida a novos personaxes e historias entre as que destacan o retorno dos Gorrillas, un mitin electoral fóra de control e ata concursantes do seu particular “50x15”.