“Land Rober Tunai Show” celebra o programa 100 en antena e nesta ocasión tan sinalada o espazo da noite dos xoves fará realidade o reencontro máis agardado da historia da Televisión de Galicia, recibirá a visita de Víctor Fábregas. O mítico compoñente de “Os Tonechos” pintará a mona na que será a súa primeira actuación co presentador Roberto Vilar tras a separación do dúo cómico. Será unha ocasión para recordar e celebrar.Ademais, volverán dous clásicos do programa que nunca fallan, un “Radio Rober” moi especial e os sketchs máis tolos e desenfreados nos cales terán o seu sitio as falcatruadas de José María e José Luís, máis coñecidos como “Os Gorrillas”.