O programa fai unha selección de grupos, orquestras e intérpretes que amenizan as festas e verbenas galegas. O cartel de “Inimitables” abrangue o mellor da música en Galicia: Sés, Combo Dominicano, Andrés Suárez, Eladio y los Seres Queridos, Treixadura, De Vacas, a orquestra Olympus, A Roda, a Compañía do Ruído, o coro Coda a Mekánika Rolling Band, a Gallaecia Big Band, Habelas Hainas, o coro Acorde Secreto ou Sisters In The House, entre outros. Dirixido por Senén Bernárdez e presentado por Arturo Fernández, o programa inclúe conversas cos músicos e cantantes sobre curiosidades das letras das cancións que interpretan, a maneira en que adaptaron os temas ou divertidas anécdotas. Nesta entrega, baixo o lema "Que fantástica esta festa!", os “Inimitables” teñen que interpretar as mellores e máis coñecidas cancións que triunfan en Galicia. As que arrasan no campo da festa, pero tamén nas tabernas ou ata nos pasacalles. Cancións de orquestras, pero tamén tradicionais. Unha selección de tem