“Inimitables” trae esta noite o repertorio máis popular das tascas, interpretadas polos mellores músicos da terra. Presentado por Arturo Fernández, o espazo da TVG percorrerá hoxe os éxitos da música de taberna, que son lugares en que aos galegos lles gusta cantar. “Quen teña viño”, “Lévame lévame”, “Almas errantes” ou “Inda Canto” de Treixadura serán só algúnhas das cancións do canto de taberna que os mellores grupos interpretarán no programa. Deste xeito, os máis festeiros da taberna estarán en “Inimitables”, con cancións que se fixeron famosas na tasca e logo chegaron aos escenarios e tamén as que percorreron o camiño inverso, da fama á taberna, onde chegaron para quedar e para formar parte do repertorio máis popular.