A alta indicendia acumulada nas últimas dúas semanas, con máis de 42 novos casos positivos no concello de Xinzo de Limia, espertou a preocupación entre as autoridades sanitarias e municipais. E este cribado poboacional pretende coñecer mellor a realidade epidemiolóxica e saber se hai que aplicar novas medidas.A área sanitaria de Ourense convocou 1.040 persoas para facer as probas PCR, arredor dun 10 % da poboación de Xinzo.Precisamente ese é un dos obxectivos deste cribado aleatorio, localizar positivos entre a poboación nova sen sintomatoloxía.Con 71 casos activos, dous menos ca onte, Xinzo de Limia é, o único concello da área sanitaria de Ourense que segue en nivel vermello de alerta pola súa indicendia acumulada nos últimos 7 días.