Adaptación cinematográfica, baseada na novela de Marta Rivera de la Cruz "Hotel Almirante". Cristina Sanjuán é unha moza madrileña que elixiu un estraño lugar para rematar coa súa vida: un cuarto do Hotel Almirante en Ribanova. A rapaza nunca antes estivera na cidade, ninguén a coñecía, ninguén sabe por que se suicidou. Non obstante, Cristina tiña un motivo para seleccionar o escenario da súa morte e o certo é que esta non podía suceder doutro modo. Hotel Almirante reconstrúe unha apaixonante e desagarradora historia de amor, ao tempo que se desenvolve a historia do hotel, dende a súa fundación na segunda década do século XX ata os anos de posguerra.