O 16 agosto de 2005 dez soldados galegos morrían en Afganistán ao caer ao chan por accidente do helicóptero militar que os transportaba, formando parte dunha forza internacional baixo o mandato da ONU. Dende a Guerra Civil, Galicia non é escenario de conflitos bélicos, pero na historia deste pobo foron moitos os caídos en combate. Así, aquí produciuse a primeira gran revolución social de Europa, a Revolta Irmandiña. A derrota dos irmandiños e os abusos da nobreza galega acabaron privando a Galicia das súas clases dirixentes e deixárona inerme fronte á expansión de Castela, momento en que en toda Europa se constituían os estados modernos. Xa no século XIX Galicia foi escenario de enfrontamentos entre as tropas francesas e británicas na Batalla de Elviña: en Pontesampaio os galegos impedíronlle ao exército francés cruzar o río Verdugo cara a Vigo. Chegando á Guerra Civil, en territorio galego non houbo unha fronte bélica, pero o franquismo practicou unha represión brutal que deixou as c