Case a totalidade dos galegos aínda teñen interiorizado que para aprobar unha oposición ou mellorar na vida tan ou máis importante có mérito é a capacidade de ter un padriño... Ese "valedor" e controlador social foi historicamente un intermediario que se serviu da estrutura administrativa do Estado e aproveitouse dela. Tomando de referencia as distintas etapas históricas, o documental viaxa ata a época en que, coa "doma e castración de Galicia" practicada polos Reis Católicos, o poder galego foise desnaturalizando e púxose ao servizo da lóxica do novo Estado. Así, a nobreza de título fíxose cortesá e mesturouse coa española, que rematou engulindo as grandes liñaxes galegas: os nobres galegos seguiron cobrando foros e ademais dereitos señoriais e contra eles houbo numerosas revoltas campesiñas. Xa nos séculos XVI e XVII, a fidalguía foi a clase emerxente e conservou o seu poder ata comezos do século XX: estes eran medianeiros que, a cambio de sinecuras e prebendas, recadaban rendas e r