A última visita do Papa a Santiago reuniu no Monte do Gozo medio millón de mozos procedentes dos cinco continentes. A serie documental Historias de Galicia parte deste dato para analizar que, amais de seguir tendo unha gran capacidade de convocatoria, a Igrexa Católica foi un poder que tutelou a vida pública e privada en Galicia durante séculos. O descubrimento do Sepulcro de Santiago no ano 813 serviu para que, arredor del, nacese un templo e unha cidade que foi ata a época moderna a capital dun señorío eclesiástico, hexemónico, económica e politicamente. No repaso histórico polo poder eclesiástico que fai a serie documental, dirixida por Xosé M. Vega e presentada por Xosé Barato, dúas figuras ilustran o seu asentamento no vértice da pirámide social, por un lado o arcebispo Xelmírez, "patriarca de Occidente", que coroou a Afonso Raimúndez como rei de Galicia en 1110 na Catedral de Santiago, e por outro Alonso de Fonseca, que tivo tres séculos máis tarde a arte política de aliarse cos