A serie divulgativa da Historias de Galicia quere poñer hoxe o acento sobre o feito de que a comunidade galega estea considerada A Despensa Salgada. Así, o porto de Vigo é líder mundial na descarga de peixe para o consumo humano, pois Galicia tivo sempre un litoral privilexiado para as actividades pesqueira e marisqueira. Ademais posúe unhas frotas de altura e grande altura dotadas dunhas infraestruturas e medios técnicos que a sitúan na vangarda mundial. O documental significa que esta frota moderna segue a convivir cun sector artesanal de grande importancia social e historia secular. Na Idade Media os pescadores galegos comezaron a organizarse en gremios e a comerciar coa sardiña, valéndose de técnicas de salgado e secado. Xa no século XVIII, o coñecido como conflito da "xávega" simbolizou a chegada de novas técnicas de captura traídas polos cataláns, impulsores da industria conserveira. Ademais, a pesca sempre xerou actividades asociadas, como o tecido e a reparación de redes e a c