"Véndese casa rural en Galicia", un anuncio coma este pode ser o epílogo triste dunha historia secular. Posto que Galicia é un país agrícola que exporta viños, carne, queixos e produtos hortícolas a varios países, e todo isto faino competindo nun mercado global e sometida a restricións lexislativas que impiden o pleno desenvolvemento das súas capacidades produtivas. Pero aínda queda máis: milleiros de hectáreas de cultivos e pastos quedan no monte para ser pasto dos incendios, pero esas terras seguen a ter dono e moitos deles son descendentes de foreiros -o foro foi o modo de organización e distribución da produción agraria desde o século XII ata o XX-. O documental fai un repaso polo proceso de desamortización, unha fórmula política fracasada que non significou o acceso dos campesiños á propiedade da terra; sen embargo, no primeiro cuarto do século XX, comezaron a abrollar iniciativas modernizadoras da agricultura e tamén naceu o agrarismo como un movemento social que demandaba a ra