Quen podería renunciar a entenderse a si mesmo e a escribir a súa historia? O director da nova serie documental Historias de Galicia, Xosé Manuel Vega, entendeu que si é posible e puxo en marcha esta produción que hoxe estrea a TVG, dirixida a todos os públicos, que ten por obxecto divulgar os feitos que configuraron ao longo dos séculos a realidade material, económica, política, social e cultural do país. "Fíxose unha selección daquelas constantes que sempre determinan e expresan a historia de calquera pobo", di Vega. Historias de Galicia está feita como unha serie de carácter xornalístico, e nela intentarase responder ás preguntas que se teñen presente na análise de calquera realidade: que aconteceu, quen foron os protagonistas dos feitos, cando sucederon, onde, como e por que. A serie terá unha guía para darlle continuidade e axilidade á narración, dotándoa dun ton próximo e divulgativo. Todos os temas tocados na serie documental son realidades que lles seguen a afectar aos intere