O programa desta noite de “Grandes Orquestras de Galicia” acompañará a orquestra Aché na súa xira chamada "Unha noite tola", un espectáculo cargado de emoción, ritmo e unhas voces do máis alto nivel. As cámaras achegaranse ata o lugar de Ponte Arnelas, en Vilanova de Arousa, que ademais de ser a terra de Mon Rodil, fundador da Aché, tamén celebra por todo o alto as festas de Santa Marta.