OS INVESTIGADORES DE "GONDAR" INVESTIGAN UNHA MORTE POR POSIBLE DOPAXE DEPORTIVA.- Deberá afrontar unha morte próxima ao equipo, xa que o afillado de Luís cae inconsciente e falece mentres está a se adestrar para unhas probas de atletismo. A súa nai négase a que lle fagan a autopsia, pero Luís consegue que polo menos esta lle permita investigar o caso. Coordina o equipo de investigación e nega rotundamente que o seu afillado se dopase e consumise drogas.