A piques de dicirlle adeus a 2017, o programa “Galicia Viva” ten hoxe preparada unha pequena celebración de despedida de ano.  O espazo presentado por Susana López está en directo en Rianxo porque os veciños e veciñas desta vila celebran unha festa por todo o alto. As cámaras de “Galicia Viva” retratan o ambiente e convidan a audiencia a que se anticipe a tomar as tradicionais uvas. Continuando coa celebración da gran festa de Noitevella, o programa tamén ofrece propostas de peiteados e vestiario para que os galegos luzan ben guapos esa noite.