No Día Mundial da Esclerose múltiple, o programa acompaña a Julio, un compostelán que convive coa enfermidade. “Galicia Viva” abre a semana con propostas de peiteado. O programa viaxa no tempo e vai ata unha barbería de estilo vintage para ofrecerlles aos espectadores peiteados e cortes de pelo para mulleres arriscadas e tipos de afeitado e arranxo de barba para os homes. O espazo da TVG tamén visita unha empresa lucense de embutidos, que nestas datas son produtos moi demandamos para os agasallos de empresa e tamén para incluír nos menús de Nadal.   Ademais, o programa presentado por Susana López está na organización e posta en escena dun belén vivente en Monforte de Lemos. Centos de persoas de todas as idades participan nesta iniciativa organizada por un colexio da vila.