“Galicia Viva” segue en directo os preparativos que fai un establecemento de hostalería de Ourense para varias ceas de empresa e de amigos, típicas nas datas previas ao Nadal. Ademais, o espazo da TVG asiste en Vigo á presentación do novo traballo discográfico de Andrés Suárez, antes do seu concerto no Auditorio do Mar. “Galicia Viva” remata coa música en directo coa Escola da Banda de Música de Antas de Ulla, que ademais presenta novo disco con versións de cancións de rock.