“Galicia Viva” está en directo en Lugo para celebrar o XVII aniversario da Declaración da Muralla como Monumento do Patrimonio da Humanidade pola Unesco.  O programa tamén presencia o acendido de luces de Nadal de Ourense e ofrece en directo desde Santiago unha cata con diferentes propostas galegas de viños e espumosos que acompañarán moi ben os menús destas datas. Ademais, celebra a semana da ciencia con alumnas e alumnos dun instituto de Pontevedra.