As cámaras están en directo nalgúns dos actos previstos en distintas localidades galegas con motivo da celebración do Día Contra a Violencia Machista. Coñecemos un equipo de xogadores profesionais de futbolín e o equipo de “Galicia Viva” bota unha partida con eles man a man. Ademais, o espazo da TVG vive de cheo o Black Friday ou “venres negro”, un día que se celebra con intensidade nos últimos anos na nosa comunidade e que inaugura a temporada de ventas de Nadal.  Ademais, coñecemos a Morán, un zoqueiro de Muimenta que aos seus 82 anos continúa amosando e ensinando o seu oficio aos máis novos.