O equipo de “GPS: Galicia Percorre Sendeiros” ofrece unha entrega única e espectacular coa realización do Camiño dos Faros, unha ruta de sendeirismo de 200 quilómetros que, en oito etapas, une Malpica con Fisterra facendo do mar o protagonista. Praias, dunas, ríos, cantís, desertos, estuarios, aves, castros, dolmens, vilas mariñeiras, faros... e máis faros. O proxecto foi impulsado pola asociación Camiño dos Faros, máis coñecida como “Os Trasnos”. As tres primeiras etapas conducen ata Laxe, pasando por Niñóns e Ponteceso. Son tres días en que habi que camiñar algo máis de 20 km por etapa e pasar polos faros de Punta Nariga e Roncudo. “GPS” comeza en Malpica e máis concretamente no porto pesqueiro. O tramo que une Laxe con Muxía divídese en 3 etapas, pasando pola pena grande de Soesto, Camelle, a duna de Monte Branco, o Cemiterio dos Ingleses, o Faro Vilán, Camariñas, Muxía e unha chea de praias e vilas no corazón da Costa da Morte.Ao percorrer os impresionantes Cantís de Canosa, “GPS”