Programa semanal en que se percorren tres rutas ou itinerarios galegos de interese paisaxístico, ecolóxico ou natural. O espectador experimentará en primeira persoa a sensación de percorrer unha ruta, ver as paisaxes e falar coa xente que se atope no camiño.  Montaña, bosques, cantís e ríos debuxan a peculiar identidade da xeografía galega. Aínda que a principal forma de percorrer as rutas será a pé ou en bici, o longo das distintas entregas de “Galicia Percorre Sendeiros”, haberá outros medios menos frecuentes (cabalo, piragua, rafting, barranquismo, etc.) que dunha forma ecolóxica acheguen novas sensacións máis próximas á aventura na natureza. O programa ten a intención de converterse nunha videoguía de referencia para toda a xente a quen lle guste realizar actividades na natureza e por iso achegará datos reais e actualizados sobre todas as rutas que se percorren. Na súa estrea, o programa irá ao concello de Cervantes, no corazón dos Ancares lucenses, na compaña de Alba e José Manue