No ámbito educativo é onde se poden potenciar as capacidades de investigación e innovación. “Galicia On” fala da Formación Profesional e achégase ao CIFP de Ferrolterra, un centro que participa con éxito no FP Innova, a mostra de proxectos que se celebra cada ano na Cidade da Cultura.  Tamén coñece a oferta de formación Dual que leva a cabo a empresa UNVI, do grupo de automoción Pérez Rumbao. Trátase dunha modalidade de formación profesional que ten como finalidade a cualificación profesional das persoas nun réxime de alternancia da actividade laboral nunha empresa coa actividade formativa nun centro educativo.