O uso excesivo de combustibles fósiles, como o petróleo ou o carbón, é unha das causas do cambio climático, ademais de xerar a dependencia económica de terceiros países. “Galicia On” quererá amósanos en que consisten as enerxías renovables, a través de dúas experiencias galegas: Galivoltaica, unha instaladora de placas de silicio que fai proxectos para vivendas explotacións agro gandeiras e industrias; e o Centro de Innovación Norvento Enerxía, ou CINE, que combina unha microrrede eléctrica, cunha térmica, o que a converte na instalación empresarial máis eficiente enerxeticamente de España.