Nas sociedades desenvolvidas usamos grandes cantidades de enerxía. Para o transporte, o funcionamento das industrias ou a nosa propia casa. E, lonxe de diminuír, cada día consumimos máis. Por iso a eficiencia enerxética adquire unha grande importancia. “Galicia On” quere coñecer empresas galegas que traballen neste ámbito. A primeira parada é Ecogal, unha empresa do Saviñao especializada na distribución e instalación de sistemas que teñen como base o autoconsumo e a eficiencia enerxética. Despois, o programa vai a Arceclima, no polígono de Bergondo. Empresa experta na climatización que, desde Galicia, deseñan, instalan e monitorizan instalacións nunha chea de países.