O espazo da TVG achegarase ao Balneario de Caldas de Partovia, un clásico recentemente remodelado para situarse na vangarda do sector termal. Tamén se coñecerá a moderna planta envasadora de Fontecelta, que se abastece dun acuífero subterráneo a máis de 100 metros de profundidade e que ten unha capacidade de envasado de 500.000 litros diarios.