No penúltimo programa imos comezar a nosa viaxe na cidade de Ourense, onde seguiremos os pasos de Ruth Matilda polas súas rúas. Imos visitar Ribadavia, o corazón do Ribeiro, para falar con César Llana, director do Museo Etnolóxico de Ribadavia. César vainos contar máis sobre o seu xigante fondo fotográfico e sobre os tesouros que custodian, como unha coroza idéntica á que retratou Ruth Matilda. A seguinte parada vai ser Oseira, onde imos coñecer a Tamara Prado, unha afeccionada á fotografía local que nos levou ao lugar no que Alfred Anderson retratou a Ruth Matilda. Imos repetir esta imaxe nesa mesma casa e imos coñecer a Rosa Fernández, a propietaria desta vivenda tan singular. Despois ímonos achegar ata Cea, xa que Ruth Matilda quedou abraiada co pan que facían alí. Alí imos falar con Carlos Rodríguez, que recoñeceu un dos fornos retratados por Ruth. E imos rematar esta etapa en Merza (Vila de Cruces) falando con Elena Ferro e mais seu pai Alfonso Ferro, ambos os dous zoqueiros. R