Chegamos ao ecuador do programa e facémolo dende Buño, onde Ruth inmortalizou unha familia de oleiros. Cen anos despois, os descendentes continúan dedicándose a este oficio, polo que nos achegaremos a coñecer a Gonzalo e Aparicio Añón. Despois colleremos rumbo cara A Coruña, onde visitaremos o Atelier de Macarena Garay e Pep Ramos, un taller onde a fotografía analóxica segue moi viva. Eles conseguíronnos unha cámara moi similar a unha das que empregou a fotógrafa americana na súa primeira expedición por Galicia. Así que percorreremos a cidade con esta cámara para vela Coruña igual que a veu Ruth no seu día. A mirada de Ruth tamén será un dos temas centrais na nosa conversa con Miguel Anxo Seixas, historiador e comisario de “Unha mirada de antano”, a exposición de Afundación que levou as fotos de Ruth por toda Galicia. Deixarémola Coruña para ir á feira de Betanzos, igual que fixo ela hai cen anos, e remataremos en Sada, na Confitería Del Valle, cuxos doces de Nadal foron inmortaliza