Ruth Matilda chegou ao porto de Vigo en 1924 e nós comezaremos a viaxe nesta mesma cidade. Ela retratou unha muller que levaba un cesto na cabeza con 22 pitos e nós actualizarémola súa foto con Flora Porto, agricultora de Ponteareas que continúa levando o seu produto a Vigo. Aproveitamos que estamos nesta cidade para coñecer a Mary Quintero, unha pioneira da fotografía que nos pode contar como era o oficio a mediados de século. Como o que máis lle interesaba a Ruth eran os traxes tradicionais, achegarémonos ao Obradoiro de costura de Saiáns, onde Patricia González nos ensinará como actualizar estas prendas para que teñan cabida no mundo de hoxe. Cruzaremos a ría para seguir a pista dunha carpintaría de ribeira en Domaio (Moaña) e remataremos o programa en Ponteareas, onde Ruth fotografou unha escola e onde nós comprobaremos como mudou o ensino nestes cen anos.