Nesta viaxe o programa fai parada en Roma, museo vivo da historia da humanidade. Pero a Cidade Eterna non ten só unha historia senón milleiras delas, e algunhas son as que contará o programa esta noite. En 2009, máis de 3.000 galegos visitaron a Embaixada de España ante a Sede. O actual embaixador, o coruñés Francisco González, recibe as cámaras do programa no pazo onde reside e traballa. Xa na cidade do Vaticano, visitan a dous galegos moi especiais: o pai Luís Manuel Acuña, arquiveiro e profesor da Uni...